Ontology
Ontology_cover

Por casualidade, no ano 2017, atopei nun Cancioneiro de música tradicional galega, un romance que a musicóloga Dorothé Schubart lle recollera á miña tía avoa Amparo no ano 1981 en Cerdedelo-Laza, un fermoso pobo perdido nas montañas galegas.

Todas as composicións deste álbum están feitas a partir dun motivo de catro notas que aparece ao comezo do romance; unha idea do meu amigo, mentor e productor do disco, Matt Otto. Aínda que difícil de recoñecer na música, ese motivo é o ADN e a inspiración desta.

"Ontology" foi presentado na sala "Blue room" de Kansas City o nove de agosto de dous mil dezaoito e gravado días máis tarde. Acaba de ser editado coa discográfica americana "Origin records"
 

Este traballo está adicado ás mulleres galegas que como Amparo, preservaron o legado da música tradicional de Galicia.
 

John Kizilarmut - batería

Ben Leifer - contrabaixo

Storm Nilson - guitarra

Xose Miguélez - saxo tenor

convidados:

Peter Schlamb - vibráfono

Matt Otto - saxo tenor, ewi.