Xose Miguélez / Jean-Michel Pilc Quartet

O "Xose Miguélez / Jean-Michel Pilc quartet" xunta catro músicos cun insaciable desexo de expresión artística.

Esta banda representa dúas xeracións diferentes, unidas polo mesmo xeito de entender a música. O repertorio do grupo forma parte dos dous últimos traballos musicais de Jean-Michel Pilc e Xose Miguélez; Parallel (Challenge Records, 2018) e Ontology (Origin Records, 2019). Os dous álbumes foron gravados con instrumentación diferente. Por iso, o papel de Carlos Barretto e Marcos Cavaleiro, dous dos máis destacados músicos de jazz en Portugal, é esencial para que as composicións, creadas por diferentes mentes e momentos teñan unha estética común.

Xose Miguélez - saxo tenor

Jean-Michel Pilc - piano

Carlos Barreto - contrabaixo

Marcos Cavaleiro - batería